galego | español
Inicio
Campus de fútbol 2010
30/04/2010
 

Tríptico e Ficha de inscrición PDF

 

Cartel

 

 Información xeral

 

Indumentaria

 

 Actividades

 

 Inscrición

 

 Quendas

 

 Prazos de inscrición nos concellos

 
Información e inscricións no teu concello 

Gabinete de deportes da Deputación.
Telf.: 981 080327 - 981 080348 Fax.: 981 080304
www.dicoruna.es
email: cultura.deporte@dicoruna.es

Información xeral:

  

DEPORTES: Técnica, táctica, xogo, adestramento de porteiros.

LUGAR: Instalacións deportivas de A torre (A Coruña) e Acea de Ama (Culleredo).

ALOXAMENTO
: Residencia do IES Cruceiro Baleares. (Culleredo).

DURACIÓN
: de domingo a sábado.

QUENDAS
:
1ª quenda, do 4 ó 10 de xullo.
2ª quenda, do 11 ó 17 de xullo.
3ª quenda, do 18 ó 24 de xullo.
4ª quenda, do 25 ó 31 de xullo.

INCORPORACIÓN
: domingo pola tarde.

REGRESO: o sábado seguinte despois do almorzo.

DESTINATARIOS
: rapaces/as entre 9 e 13 anos

COTA DE INSCRICIÓN
: 75€ que se ingresarán na conta do Banco Pastor 0072 0101 93 0000134443, facendo constar “ Campus de fútbol” Deputación da Coruña”. Notificarase despois do sorteo que realice o concello entre os solicitantes.

INCLÚE
: estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.
 
A incorporación ó campamento deportivo realizarase o domingo despois de xantar e o regreso, o sábado despois do almorzo.

 


Horario xeral:

8.00 Erguerse
9.00 Almorzo
10.00 Actividades de adestramento, fútbol.
14.00 Xantar
16.00 Partidos de competición interna, obradoiros, natación e actividades culturais.
18.00 Merenda
18.30 Xogos e deportes
21.00 Cea
22.00 Noitadas culturais
23.30 A durmir. Silencio

 

 
Actividades:

Específicas de fútbol

  • Actividades de adestramento tendentes a mellorar a técnica individual e colectiva dos xogadores.
  • Iniciación dos principios tácticos básicos.
  • Adestramento específico dos porteiros.
  • Partidos de competición interna entre equipos. Os xogadores estarán mesturados e compostos por integrantes de diferentes concellos.

Outras actividades deportivas:

  • Natación, baloncesto, xogos tradicionais...

Actividades relacionadas co medio natural:

  • Estudo do ecosistema mariño das nosas rías. Problemáticas actuais.

Actividades culturais:

  • Visita á centros de interese cultural na comarca e na cidade de A Coruña.
Documentación que se entregará:

Documentación. Para formalizar a inscrición debes entregar no teu concello:

1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.

2.- Unha foto de carné.

3.- Fotocopia de documento de asistencia sanitaria.

4.- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.

5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do concello).

7.- No caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.


Inscricións

NO TEU CONCELLO CON DATA LÍMITE O 11 DE XUÑO
 
PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS
Unha vez rematados os prazos de inscrición, o concello realizará o sorteo público.

Material recomendado
  • 1 par de botas de fútbol con tacos de goma ou multitacos (1 cm.). Non están admitidas as botas de tacos de aluminio nin tacos de plástico de rosca.
  • Equipamento para porteiros: pantalón longo,guantes e suadoiro.
  • Equipamento deportivo (chándales, suadoiros, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chancletas para a ducha, traxe de baño).
  • Roupa interior, pixama.
  • Roupa de rúa, pantalón, camisas, camisetas…
  • Útiles de aseo (xabón, xampú, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante, toalla de baño.
  • Cantimplora.
  • Gorra e gafas para o sol.
  • Crema protectora ( mínimo factor 15)
  • Chuvasqueiro
  • Mochila

 

 

Quendas

Concellos


Do 4 ó 10
de xullo

Ribeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón, Teo, Vedra, Touro, Oroso, Ames, Brión, Noia, Rois, Lousame, O Pino.


Do 11 ó 17
de xullo

Ferrol, As Pontes de García Rodríguez, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Cerdido, Valdoviño, Moeche, San Sadurniño, Neda, Mugardos, Fene, A Capela, Ares,Cabanas, Pontedeume, Vilarmaior, Miño, Monfero, Irixoa, Paderne, Coirós, Aranga, Curtis, As Somozas.


Do 18 ó 24
de xullo

A Coruña, Cambre, Culleredo, Arteixo, Oleiros, Sada, Melide, Abegondo, Betanzos, Ordes, Frades, Boimorto,
Toques, Santiso, Arzúa, Oza dos Ríos, Cesuras, Mesía, Sobrado, Carral, Bergondo.


Do 25 ó 31
de xullo

Carballo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso,
Cabana de Bergantiños, Coristanco, Zas, Vimianzo, Muxía, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Tordoia, A Baña, Negreira, Outes, Muros, Carnota, Santa Comba, Mazaricos, Val do Dubra, Trazo, Camariñas, Laxe, Cerceda.