galego | español
Inicio
O grupo disfruta duns días de vacacións en Galicia nunha viaxe organizada pola Casa de Galicia en Montevideo
Fernández Moreda recibe en Mariñán a un grupo de 80 emigrantes galegos en Uruguai
23/07/2010
O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, recibiu esta mañá no Pazo de Mariñán a un grupo de emigrantes galegos en Uruguai, que están a gozar duns días de vacacións coas súas familias en Galicia, grazas a unha viaxe organizada pola Casa de Galicia en Montevideo, na que participan un total de 80 persoas. 
 
Fernández Moreda, que recibiu aos asistentes no salón nobre do Pazo, gabou o excelente traballo que desenvolve a Casa de Galicia en Montevideo co importante colectivo de galegos que reside na capital uruguaia, e ofreceu á comitiva unha visita guiada polas diferentes estancias e os xardíns do Pazo.