galego | español
Inicio
Fernández Moreda e José Luis Vergara subscribiron ambos convenios
A Deputación da Coruña destina 190.000 euros para a construción dunhas pistas deportivas e adquisición de tractor en Cedeira
27/07/2010

O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, subscribiron hoxe, na sede da institución provincial dous convenios de colaboración para a construción dunhas pistas deportivas e a adquisición dun tractor con remolque para o concello de Cedeira.

Segundo se especifica nos convenios, a institución provincial destinará 80.400 euros para a construción dunha nova infraestrutura deportiva na localidade de Cedeira, que contará cunha pista de pádel, pista de tenis e campo de fútbol sala e que se situará xunto ao campo de fútbol municipal da localidade.

As pistas executaranse en formigón e con peche perimetral, coas súas correspondentes marcaxes e sinalización, así como o seu equipamento deportivo.

No mesmo acto tamén se asinou outro convenio para a adquisición dun tractor con remolque, que se destinará á realización de traballos de roza de noiros e limpeza de cunetas no municipio, para o que a Deputación destina a cantidade de 110.000 euros.