O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Trazo, José Dafonte Varela, formalizaron hoxe, na sede da institución provincial, un convenio para o acondicionamento da travesía de Lengüelle no municipio de Trazo.
Segundo o protocolo rubricado hoxe, a Deputación da Coruña acometerá o cento por cento dos gastos derivados das obras de acondicionamento da travesía de Lengüelle que ascenden a 94.000 euros.
De acordo co proxecto, a travesía pasará a ter unha plataforma de dous carrís de 3,5 m. de ancho e beirarrúa por unha marxe de entre 1,5 e 2 metros, co seu correspondente bordo que a separará da calzada.
A rede de drenaxe e pluviais acometerase mediante a instalación de tubaxe de PVC, sumidoiros cada 50 metros con conectados a pozos de rexistro.
O abastecemento de auga levará a cabo por conducións de polietileno de diámetro 63 mm., ao mesmo tempo que se disporá de tubos para a iluminación pública en toda a lonxitude da travesía.
Para lograr a mellora das condicións de visibilidade e seguridade viaria, inclúese a colocación de sinalización horizontal, consistente na aplicación de bandas de pintura branca no centro da calzada.