Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas referente ao programa de traballo do Artemis Joint Undertaking - Artemis-2012-1

  • Descrición: A Empresa Común Artemis (JU) foi creada mediante o Regulamento n º 74/2008, do 20 de decembro de 2007. Esta plataforma europea de sistemas de computación incrustada, ARTEMIS (ETP) convoca axudas para abordar o deseño, desenvolvemento e despregamento de sistemas de electrónica e software ubicuos, interoperables e rendibles, potentes e seguros.

    Artemis Joint Undertaking consta de oito subprogramas:
    1. Métodos e procedementos de seguridade para os sistemas integrados
    2. Xestión da saúde centrada na persoa
    3. Contornas intelixentes e servizos dixitais escalables
    4. Fabricación e loxística eficiente
    5. Contornas informáticas para sistemas integrados
    6. Seguridade, privacidade e fiabilidade en sistemas integrados para aplicacións, redes e servizos
    7. Tecnoloxía integrada para a vida urbana sustentable
    8. Deseño de deseños integrados centrados na persoa
  • Obxectivos: ARTEMIS ten como obxectivo xeral reducir a brecha de produtividade do deseño entre potencial e capacidade, como un requisito previo necesario para avanzar na posición competitiva de Europa no mercado mundial.

    Os seus obxectivos específicos son os seguintes:
    - Reducir os custos de deseño do sistema nun 15% ata 2013, desde os niveis de 2005.
    - Alcanzar en 2013 unha redución do 15% en ciclos de desenvolvemento, especialmente en sectores que requiren cualificación ou certificación.
    - Xestionar incrementos da complexidade dun 25%, con reducións de esforzo do 10% en 2013.
    - Reducir nun 15% en 2013 o esforzo e tempo requirido para a revalidación e certificación tras o cambio.
    - Lograr a reutilización sectorial dos Sistemas Embebidos desenvolvidos coa utilización dos resultados de ARTEMIS JU (por exemplo, compoñentes de hardware e software interoperables para os sectores do automóbil, aeroespacial, industrial...)
  • Solicitantes: Aberto para entidades legalmente constituídas de calquera tipo e que dispoñan da súa sede social nalgún Estado membro da Unión Europea asi como tamén os países asociados ao 7º PM (incluíndo o Centro Común de Investigación da Comisión Europea). Estes son actualmente: Albania, Austria, Bélxica, Bosnia e Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Chipre, República Checa, Dinamarca, Estonia, Illas Feroe, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Islandia, Irlanda, Israel, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, ARY de Macedonia, Malta, Montenegro, Países Baixos, Noruega, Polonia, Portugal, República de Moldova, Romanía, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Suíza, Turquía, Reino Unido.
  • Financiamento: A previsión de financiamento comunitario para esta convocatoria é de 138 730 166 M€.
  • Prazo: 6 de setembro de 2012, ás 17.00 h (Bruxelas, hora local)
  • Lugar de presentación de solicitudes: As propostas deberán presentarse por vía electrónica, utilizando o Sistema Electrónico de Presentación de Propostas (EPSS), utilizando os seguintes datos:

    Call: Artemis-2012-1
    Sub-Scheme: ITC-CP-Artemis

  • Punto de información comunitario:
    - A información sobre esta convocatoria de propostas está tamén dispoñible en: http://www.artemis-ju.eu/call2012
    - Para calquera consulta, póñase en contacto coa Oficina de Información Artemis: helpdesk@artemis-ju.europa.eu
  • Documento oficial de publicación: DO C 114/3 do 19.04.2012
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Programa específico "Cooperación" polo que se executa o sétimo programa marco da Comunidade Europea de accións de investigación, desenvolvemeno tecnolóxico e demostración (2007-2013)