Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas referente ao programa de traballo do Programa Europeo de Investigación en Metroloxía 2012

  • Descrición: A convocatoria de 2012 ten como obxectivo as seguintes áreas temáticas dentro do Programa de Investigación en Metroloxía (PEIM):
    Metroloxía para a Industria
    Desenvolvemento do sistema internacional de unidades
    Excelencia aberta
  • Obxectivos:
    Esta convocatoria desenvólvese en dúas etapas para os proxectos de investigación conxuntos e inclúe posibilidades de bolsas para investigadores. Etapa 1 - Convocatoria dos temas de investigación en metroloxía (PRT):
    Identificar o reto, problema ou unha oportunidade para os posibles temas de investigación;
    Ofrecer a posibilidade a todos os interesados de calquera país do mundo para influír na I D levada a cabo pola comunidade metrolóxica europea
    Etapa 2 - Convocatoria de propostas de proxectos conxuntos de investigación (JRPs):
    Convocatoria de propostas de proxectos de investigación conxuntos e solicitudes asociadas de bolsas de excelencia para investigadores.
  • Solicitantes: Esta convocatoria está aberta á participación de calquera persoa xurídica pública, establecida nun dos 27 Estados membros da UE ou países asociados.
  • Financiamento:O orzamento máximo asignado para esta convocatoria de propostas é:
    Metroloxía para a industria: 34,4 millóns EUR
    Desenvolvemento do sistema internacional de unidades: 34.4 millóns EUR
    Excelencia aberta: 8,6 millóns EUR
  • Prazo: Etapa 1: Data límite 18 de marzo 2012, 23:59 (hora de Bruxelas)
    Etapa 2: Data limite 01 de outubro 2012, 23:59 (hora de Bruxelas)
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos, de forma electronica
  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a emrpA169@npl.co.uk
  • Documento oficial de publicación: DO C 29/07 do 02.02.2012
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Programa Euramet