CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS
A Deputación Provincial da Coruña da apoio aos concellos e outras entidades locais da provincia así como ás entidades privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inclusión social.
Para acceder á convocatoria de subvencións, prema aquí
PROGRAMA DE COOPERACIÓN CON CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA PLANS, PROGRAMAS OU PROXECTOS MUNICIPAIS ENFOCADOS A FACILITAR OS PROCESOS DE ERRADICACIÓN DO CHABOLISMO E/OU INFRAVIVENDA
A política de vivenda constitúe un dos principais elementos dunha política de benestar social, dirixida a facer realidade o dereito de todas as persoas a unha vivenda digna e adecuada, cunha atención especial cara aos colectivos máis desfavorecidos, a través dunha política de vivenda que favoreza a integración social e calidade de vida.
A Deputación da Coruña asinou desde o ano 2008 un Programa de convenios con catro concellos da provincia que están a levar a cabo plans ou programas municipais de erradicación do chabolismo ou infravivendas, como son os concellos da Coruña, Narón e Santiago de Compostela, inmersos en procesos de realoxo ou rehabilitacións. A finalidade é subvencionar unha ampliación dos recursos humanos necesarios, cofinanciado os equipos dos concellos que estean a traballar na inclusión residencial da comunidade xitana.
CONVENIOS
A Deputación, en base á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, firma convenios con diferentes entidades sen ánimo de lucro que acrediten proxectos de excepcional interese público, social, económico e/ou humanitario e xustifiquen a imposibilidade de participar na concurrencia competitiva.
Polo tanto mantén os seguintes convenios
LIGAZÓNS