Estás en:Patrimonio Torres de Altamira

Torres de Altamira

 Construído no século IX sobre o que foi un castro celta, foi derrubado no século XIV polos Irmandiños e volto a construír en 1741.

Tiña seis torres e unha muralla rodeando un suntuoso pazo, coa capela dos Reis Magos, onde eran soterrados os seus señores en magníficos panteóns. A partir do século XVII, os condes deixaron de habitalo castelo.
A finais do século XIX foi utilizado como “canteira” por varios constructores.
Na actualidade consérvase soamente unha moi derrubada estructura consistente un torreón (torre da homenaxe) con bóveda de canón e espingaduras abucinadas; a parede dunha cruxía na que se conserva unha portada gótica cunha fiestra oxival, o pozo do castelo, así como a base da fortificación dunha cantería propia do século XV.

Horario de visita: 

Visitas libres todos os días da semana

Teléfono de contacto do Concello de Brión: 981 50 99 08

Coa colaboración do Concello de Brión